miércoles 16 de julio de 2008
miércoles 23 de abril de 2008
Chocando nos ovos
Este blog permanece en actitude defensiva. En posición e intención de pita choca.
Nembargantes e ata que non chegue o tempo dos alumeamentos podes moer o teu tempo no meu muiño:
http://www.blogoteca.com/manelvazquez

lunes 18 de febrero de 2008
Lei sobre o aborto creativo.
A presente lei trata sobre as formas de interrupción do acto creativo e serve de engadido ó articulado da lei xeral reguladora do aborto creativo.
Considerase aborto creativo aquel que remata coas ansias de sobrevivencia dunha obra preconcebida.
1. O aborto creativo clasifícase en terapeutico e voluntario.
2. O aborto creativo terapeutico practicarase nos casos de obra antinatural, é dicir, cando a obra sexa clónica ou evidencie signos de simple mutación xenética. Excluese deste suposto o caso de influencia, síntese ou transformación positiva.
3. O aborto creativo voluntario é aconsellable incluso ata nos momentos posteriores do parto se a critatura non é capaz de emocionar ó creador ou se aquela ha de ser preludio dunha posterior revancha.

domingo 6 de enero de 2008
Convocase praza de santo
Co motivo do presente ano bisiesto convócase unha praza de santo ou santa para cubrir o día vintenove de febreiro. Os aspirantes presentarán copia compulsada do seu milagro nas oficinas do ministerio de almanaques.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)